Nacemento:
Morte:
Profesora e política, 30 anos. Casou en 1933 co tamén profesor Carlos Díaz Rodríguez (Huelva) e exiliado en Venezuela en 1947; tiveron unha filla e un fillo: María-Dolores e Carlos. No ano 1922 comezou os estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e licenciouse en 1926. Catedrática de Literatura no Instituto de Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) en 1933 e, en 1934, do de Linares (Xaén), no que coincidiu co que logo sería o seu home.
Foi a primeira muller admitida no Seminario de Estudos Galegos (SEG) o día 16/11/1923.
Militante do PCE.
Encarcerada. Exiliada.
Despois da guerra civil instalouse co seu home en Pontecesures e rexentaron a explotación gandeira das Cortinallas, Santa Cristina de Campaña, Valga (Pontevedra).
Participaron os dous na estrutura clandestina do PCE e a ela prendérona os fascistas o día 05/01/1946.
Recluírona no Cárcere de Mulleres de Ventas (Madrid).
Xulgada en consello de guerra en Madrid, en maio de 1948, co resultado de sentenza a catro anos de prisión.
Puxérona en liberdade condicional a finais de agosto de 1948 e a familia residiu en Madrid; María del Carmen traballou nunha librería.
No ano 1952 marcharon para Venezuela.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.