← Volver atrás

Sierra Rodríguez, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Xinzo de Limia
(Ourense)
- 13/03/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Xinzo de Limia
- 02/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 53 anos. Casado con Beatriz Murías; tiñan unha filla: Esther (11 anos). Veciños de Santa María de Mosteiro de Ribeira, Xinzo de Limia. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Mestre de Santa María de Parada de Outeiro, Vilar de Santos (Ourense) e de San Xillao de Figueiroá, Paderne de Allariz (Ourense). Na II República era mestre en Mosteiro de Ribeira.

Vicepresidente do Radio Comunista de Santa María de Lamas, Xinzo de Limia.

Paseado.

Despois do golpe militar a Garda Civil e os falanxistas fórono buscar de noite á súa casa. Fíxolles fronte, colocou colchóns e mobles nas fiestras e produciuse un tiroteo; como non se entregaba os represores ían poñerlle lume á súa casa. Finalmente entrégase para salvar á súa dona e á súa filla. Prendérono e levárono á cadea de Xinzo de Limia.

Os asasinos dixéronlle á súa dona que se lles entregaba 3000 pesetas non mataban ao seu home; aqueles individuos quedaron co diñeiro, que Beatriz pedira prestado, e non cumpriron a súa palabra.

Os milicianos falanxistas sacárono da prisión e déronlle o paseo; o seu corpo apareceu o seguinte día 3 na costa de Allariz.

Morte rexistrada en Xinzo de Limia a causa de lesión cerebral por arma de fogo en acción de guerra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha