← Volver atrás

Silva Martínez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 20/04/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Venezuela
- 01/01/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, 46 anos. Casou o día 23/07/1920 con Severina Araújo Ríos; tiveron cinco fillos. Viviron en Madrid e en Barcelona. Estivo cinco anos no servizo militar en África.

Dirixiu os semanarios La Lucha Social e Mundo Obrero.

Membro do Gremio de Canteiros en Santiago de Compostela, da UXT, desde 1907; acadaría a súa presidencia en 1922 e, no seu mandato, uniuse á CNT. Militante da Agrupación Socialista (AS) de Santiago de Compostela desde 1910. Un dos primeiros militantes do PCE na súa localidade, en 1925 era secretario xeral deste partido en Galicia e membro do Comité Executivo ata 1931 e, co tempo, membro do seu Comité Central; neste ano foi candidato a Cortes por este grupo político nas catro provincias galegas.

No ano 1936 o PCE enviouno como candidato electoral por Estremadura para facer a campaña electoral.

Exiliado. Encarcerado.

A declaración da guerra civil cólleo en Estremadura e chegou polos montes ata Madrid, onde se enrola nas milicias republicanas, nas que acadou o grao de comandante. Trasladouse coa súa familia a Albacete, nomeárono secretario xeral do Instituto de Reforma Agraria do Ministerio de Agricultura en 1937 e tiveron que trasladarse a Valencia. Estaba de xeito temporal en Barcelona cando os franquistas tomaron Tarragona e, ao quedar illado, foxe a Francia.

Ao remate da guerra civil cruzou a fronteira cata Francia e ingresárono no campo de concentración de Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

Exiliouse en América do Sur, vivindo en Cuba, República Dominicana, Colombia e Venezuela, país no que se instala de xeito definitivo.

Finou en Venezuela por mor dunha anxina de peito.

Outras fontes din que naceu o día 20/04/1894.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha