← Volver atrás

Soto Menor, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Zaín, San Breixo de Seixalbo, Ourense
(Ourense)
- 02/03/1881 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 01/02/1964 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, 55 anos. Casado con Dolores Cordero Outeiriño; tiveron seis fillas e un fillo: Carmen, Dolores, Consuelo, María-Luisa, María del Rosario, José-Luis e María de la Cruz. Veciños de Lugo.

Comezou os seus estudos no seminario. Estudou Filosofía en Madrid, aprobou as oposicións de Maxisterio e destinárono ao Carballiño (Ourense). Despois traballou de mestre en Ourense e, no ano 1917, era inspector xefe de ensinanza en Lugo, desde onde impulsou a creación de escolas.

Colaborador do xornal La Provincia e das revistas Vida Escolar e La Unión del Magisterio.

No ano 1915 era presidente da Asociación Provincial de Maxisterio en Ourense.

No 1931 presentouse como candidato polo Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) ás eleccións a Cortes Constituíntes por Lugo sen resultar elixido; tampouco conseguiu acta de deputado nas eleccións de 1933. Participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG). Militante de Unión Republicana (UR).

Encarcerado. Depurado.

Despois do golpe militar prendérono os fascistas sen procesamento xudicial.

O día 31/08/1936 destituírono como inspector xefe e arrestárono.

Para manter á súa familia veuse na obriga de vender marmelos e pemento.

Restituírono no seu posto no ano 1964, meses antes antes de morrer.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha