← Volver atrás

Soutullo Bermejo, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Electricista, 23 anos. Solteiro. Veciño de Vigo.

Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).

Encarcerado.

Mobilizado coa súa quinta polo exército golpista en febreiro de 1937 e incorporado ao Rexemento de Infantería Zamora nº 29, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica. O día 08/03/1937 consegue evadirse ao bando republicano na Fronte Norte, onde se alista como miliciano.

Cando se produce a caída de Xixón (Principado de Asturias), capturárono as forzas sublevadas no momento que tentaba fuxir no San Juan de Nieva.

Xulgado en consello de guerra en Oviedo (Principado de Asturias) co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Oviedo, o día 07/08/1939, pola de cadea perpetua.

Interno na Prisión Central de Figueirido (Pontevedra), publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 285 do día 12/10/1943.

Procesado en 1940 polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha