← Volver atrás

Tari Uribe, Rogelio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Castellar de San Esteban
(Xaén)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Pedro de Santa Comba, Lugo
(Lugo)
- 16/02/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico dentista, 29 anos. Casado con Dolores López Díaz (veciña de Vilar de Sarria); tiveron unha nena que finou de corta idade. Veciños de Sarria (Lugo).

Militante de Esquerda Republicana (ER), elixírono concelleiro na xestora interina de Sarria da Fronte Popular (FP) do 15/03/1936 ao 20/06/1936.

Paseado.

Cando se produce o golpe rebelde escondeuse cando triunfaron os rebeldes e presentouse cando as autoridades franquistas prometeron non tomar represalias contra das persoas que non tiveran delitos de sangue.

Ingresado no depósito de Sarria, sacárono os falanxistas da Escuadra Negra coa desculpa dun traslado á Prisión Provincial de Lugo custodiado polos propios falanxistas e números da Garda Civil.

Morre a causa de disparos neste traslado por mor dunha fractura da base do cranio, na estrada Nadela-Quiroga, despois de pasar a Ponte da Silva, xa en Santa Comba. Fixérono baixar do coche no que o trasladaban, dispararon contra el e deixárono guindado na cuneta.

O seu cadáver apareceu na Silva, Santa María de Franqueán, O Corgo (Lugo).

Os seus parentes recoñeceron o cadáver e soterrárono no cemiterio de Santa Comba.

Procesárono no expediente 39/41 do Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

O seu segundo apelido aparece en algún caso como Oribe.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha