← Volver atrás

Tell Novellas, Jordi

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Barcelona
- 24/05/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Fredrikstad
(Ostfold, Noruega)
- 24/10/1991 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Arquitecto e político, 29 anos. Diplomático da II República desde 1934 en Berlín (Alemaña).

Militante do Partido Nacionalista Catalán.

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Escapou cara Francia e de alí pasa a Barcelona para poñerse ao servizo dos republicanos. Detido pola Gestapo e entregado ás autoridades fascistas na Coruña; internárono en 1937 na Prisión Provincial da Coruña durante 15 meses.

Cando sae da prisión constrúe a Casa Cervigón en Oleiros (A Coruña), cando traballaba no despacho do seu compañeiro de estudos José Caridad Mateo. Obrigárono a alistarse con José Caridad no exército rebelde, desertan e o 20/10/1938 e abandonan Galicia nun barco de pesca, co que chegaron a Brest (Francia).

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Pasa a Barcelona e noméano en 1938 encargado de negocios na embaixada de Oslo (Noruega).

Procesárono no ano 1940 no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Detido polos nazis en 1940, escapa a Estocolmo e logo pasa por un periplo de exilios por distintos países (Suecia, Xapón, Estados Unidos e México), ata volver a Noruega como representante para os países nórdicos do Goberno republicano no exilio.

Regresou a Barcelona no ano 1978; logo volveu a Noruega, onde falece.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha