← Volver atrás

Tilve Rodríguez, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Pontevedra
- 01/01/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 01/01/1963 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, xornalista e político, 53 anos. Veciño de Pontevedra.

Secretario da Federación Agraria en 1923. Pertencía a Agrupación Socialista (AS) La Internacional de Pontevedra desde 1901, da que era secretario no ano 1931 e, en 1932, presidente da Federación Provincial Socialista de Pontevedra. Concelleiro de Pontevedra no ano 1931 e tenente de alcalde en 1932. Candidato polo PSOE nas eleccións xerais de 1933 e nas de 1936, sen resultar elixido. Interventor polo PSOE nas eleccións de febreiro do ano 1936.

Correspondente de El Socialista e director de Nueva Aurora.

Encarcerado. Sancionado.

Detido polos fascistas o día 26/07/1936 e posto a disposición do Xulgado Militar de Instrución de Pontevedra.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra co resultado de sentenza a oito anos de cadea, inhabilitación absoluta e multa de 100 pesetas.

Interno na Prisión Provincial de Pontevedra e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Puxérono en liberdade en abril de 1938 e volveron prendelo o día 01/10/1939 por posesión de material “marxista”, polo que o ingresaron na cadea de Pontevedra en xaneiro de 1940.

Tamén lle abriron un expediente de responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha