← Volver atrás

Torres Martínez, César

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Caldas de Reis
(Pontevedra)
- 25/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 14/11/1988 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 31 anos. Casou no ano 1933 con Josefina Díaz Torres e en 1954 con Elvira Goberna Lago. Veciños de Granada. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Amigo de Santiago Casares Quiroga, pertenceu á Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e logo dirixente de Esquerda Republicana (ER). En 1931 elixírono alcalde de Caldas de Reis. Durante a II República nomeárono gobernador civil de Lugo, Almería, Ávila, Xaén e Granada (27 de xuño a 20 de xullo de 1936); en Granada sorprendeuno o estoupido da guerra civil. No ano 1936 ingresou na Agrupación Socialista (AS) de Granada.

Encarcerado. Sancionado.

Seguindo instrucións de Casares Quiroga, presidente do Goberno, César Torres negouse a entregar armas ás organizacións obreiras granadinas no momento do alzamento militar. Arrestado polos militares sediciosos e encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Granada, o día 01/08/1936, co resultado de sentenza a cadea perpetua e inhabilitación para exercer como avogado.

Semella que evitou a morte por non opoñerse aos golpistas e pasou oito anos na cadea. Internado nas cadeas de Granada, Puerto de Santa María (Cádiz) e Sevilla.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Granada e concédeselle a prisión atenuada o día 15/01/1944.

Regresou a Galicia e no ano 1954 era membro do consello de administración do Banco de Vigo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha