← Volver atrás

Valencia Fernández, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Ourense
- 26/08/1891 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 44 anos. Veciño de Madrid. Enxeñeiro militar; ingresou na Academia de Enxeñeiros de Guadalaxara no ano 1907. Pasou catro anos na Guerra de Marrocos co grao de comandante. No mes de xullo de 1931 deixou a carreira militar e traballou na empresa privada.

Membro do Sindicato de Arquitectos e Enxeñeiros, da UXT, desde abril de 1932, chegando a vicepresidente da Comisión Executiva Nacional. Militante da Agrupación Socialista (AS) madrileña desde xullo de 1931.

Exiliado.

Ao comezar a guerra civil reingresou no exército republicano pasando polos seguintes destinos: encargado das fortificacións da Fronte de Estremadura, Servizo de Enxeñeiros do Estado Maior Central, Batallón Gráfico como tenente coronel, Servizos Militares Telefónicos, xefe da Sección de Servizos da Inspección Xeral de Enxeñeiros, rematando a guerra co grao de coronel.

Ao rematar a guerra pasou a Francia e ingresárono nos campos de concentración de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e de Vernet-les-Bains (Pireneos Orientais, Francia).

O día 24/05/1939 embarcou no vapor Sinaia e chegou a Veracruz (México) o día 13/06/1939.

En México traballou como enxeñeiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha