← Volver atrás

Valencia López, Olimpia

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Baltar
(Ourense)
- 14/12/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médica xinecóloga, 37 anos. Veciña de Vigo (Pontevedra) desde 1910. Estudou Maxisterio e despois licenciouse en Medicina no ano 1925 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), con premio extraordinario e matrícula de honra. Viviu en Madrid desde 1925 para facer o doutorado e, no ano 1928, abriu unha consulta de medicina xeral e xinecoloxía en Vigo.

Dirixente do Partido Galeguista (PG) en Vigo e defensora do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Encarcerada.

Arrestárona os franquistas en febreiro de 1937 acusada de “roja”, de manter tratos cos esquerdistas e de pertencer ao Partido Galeguista (PG); mantivérona presa no cuartel da Garda Civil durante catro días.

Un bo “donativo” e os bos informes conducírona a liberdade.

Esta persecución represora fixo que perdera gran parte da súa clientela.

Ná década dos corenta exerce como xinecóloga na Seguridade Social e xubilouse nos sesenta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha