Nacemento:
Morte:
Traballo na casa e política, 49 anos. Casou no ano 1905 con Manuel Gómez Ucha; tiveron oito fillos. Veciña da rúa da Amargura, 5, en Ourense. Estiveron emigrados en Cuba. Nai de Manuel Gómez del Valle, executado, e de Ricardo Gómez del Valle, asasinado por un falanxista en Valencia. Colaboradora de obras benéficas e relixiosas.
Militante do PCE.
Encarcerada. Paseada.
En 1937 detivérona por pedir a conmutación da pena capital que se ía aplicar ao seu fillo Manuel.
Internárona no cárcere do Concello de Bande (Ourense) e, logo na Prisión Central de Celanova (Ourense), de onde a sacaron para asasinala en Mosteiro de Ribeira con Salud Torres Díaz, acusadas de comunistas.
Esnaquizáronlle o cerebro ao fusilala; os cadáveres atopáronos en Lomba de Lamas, Xinzo de Limia, de onde os veciños as trasladaron nun carro ao cemiterio.
Soterráronas nunha fosa común no cemiterio de Santa María de Mosteiro de Ribeira.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.