← Volver atrás

Varela Yáñez, Consuelo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 43 anos. Casada co xastre e político José-María Novo Rodríguez; tiñan cinco fillos. Veciños da rúa Travesa, 43-1º, en Betanzos (A Coruña).

O seu home foi concelleiro e 2º tenente de alcalde de Betanzos en maio de 1931, pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), logo integraríase en Esquerda Republicana (ER); nomeado 1º tenente alcalde ata 1932 e logo alcalde ata 1933.

José-María era republicano e anticlerical, criticaba a situación predominante da Igrexa, se ben non instigou persecución algunha nin participou en actos violentos; as dereitas fixeron unha lenda negra del, tachándoo de malvado e de fomentar o tiro na caluga dos seus opositores; no seu mandato reducira o toque das campás. O certo é que ata que estourou a guerra civil non houbo en Betanzos, no período republicano, nin un só crime.

Vítima colateral.

Segundo testemuñas, nese tempo José-María vivía con outra muller na Coruña, onde tiña trasladado a xastrería, sen abandonar a manutención da que era a súa familia legal.

Novo Rodríguez finou paseado en Betanzos o día 29/07/1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha