← Volver atrás

Vázquez Fernández-Pimentel, Carlos

Alcume: Carlos Vázquez Pimentel
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado

Nacemento:

Lugo
(Lugo)

Morte:

Lugo
(Lugo)
- 23/03/1984 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico traumatólogo e político. Casado en xaneiro de 1935 con María del Carmen Llamas Montero; tiveron tres fillos e unha filla: Carlos, Germán, Felipe e Isabel. Veciños de Lugo. Irmán do poeta Luis Vázquez Fernández-Pimentel, Luis Pimentel, e de José Vázquez Fernández-Pimentel, depurado. Exerceu a carreira profesional de traumatólogo no Sanatorio Pimentel, en Lugo.

Participou na reorganización da Agrupación Socialista (AS) de Lugo no ano 1930. Concelleiro e tenente de alcalde na primeira corporación republicana de Lugo de maio de 1931 a febreiro de 1934. Candidato polo PSOE ás Cortes Constituíntes de 1931, sen resultar elixido. Alcalde de Lugo de febreiro a outubro de 1934.

Sancionado.

No verán de 1936 multárono os franquistas e desterrárono seis anos ao Principado de Asturias.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña co resultado dunha sanción de 25.000 pesetas.

Confinado primeiro en Palencia en decembro de 1937 e, despois, en Castropol (Principado de Asturias) de marzo de 1938 a marzo de 1939. Levantáronlle a sanción a cambio de servizos e propiedades.

No ano 1940 ábreselle outro expediente de responsabilidades políticas co resultado dunha sanción de 100 pesetas. Indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha