Nacemento:
Morte:
Funcionario e político. Veciño de Lugo. Irmán do poeta Luis Vázquez Fernández-Pimentel, Luis Pimentel, e de Carlos Vázquez Fernández-Pimentel, sancionado e desterrado. Oficial de Telégrafos en Lugo. Licenciado en Ciencias Químicas. Director interino da Escola Elemental de Traballo de Lugo. Bibliotecario en 1931 da Asociación Instituto da Cultura Galega.
Presidente do Partido Galeguista (PG) en Lugo. Despois das eleccións de febreiro de 1936 elixírono concelleiro de Lugo polo PG, dentro da coalición da Fronte Popular (FP). Desde o 31 de marzo ata o 24 de xullo de 1936 desenvolveuse como xestor da Deputación Provincial de Lugo en representación do distrito de Chantada-Sarria.
Depurado. Sancionado.
Despois do golpe militar destituírono do seu cargo como director da Escola Elemental de Traballo en outubro do ano 1936 e multárono.
Ábreselle un expediente de responsabilidades políticas, en 1940, co resultado de sanción.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.