Nacemento:
Morte:
Labrego, 30 anos. Veciño da Paixón, San Salvador da Arnoia, A Arnoia.
Militante de Esquerda Republicana (ER) e presidente do Sindicato de Labregos.
Executado. Sancionado.
Despois do golpe de Estado foxe ao monte e capturárono os represores en setembro de 1937, despois de que o feriran nunha perna no desenvolvemento dunha persecución.
Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 08/10/1937 polo delito de adhesión á rebelión, na causa 1243/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 11/10/1937.
O tribunal, neste caso, condenou á pena de morte a Ramón Vázquez Rodríguez; castigou a 12 anos e un día a Juan Domínguez Cao e ditou auto de absolución para Sebastián Vázquez Armada.
Fusilárono os golpistas no Campo de Aragón do cuartel de San Francisco, en Ourense.
No mes de agosto de 1938, xa morto, abríronlle un expediente de responsabilidades políticas no que se dita unha sentenza condenatoria.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.