Nacemento:
Morte:
Mineiro, sindicalista e militar, 35 anos. Veciño de Mieres (Principado de Asturias). Aos 14 anos era orfo de pai e de nai e trasladouse a traballar nas minas.
Presidente do Comité Rexional do Sindicato Mineiro de Mieres, vencellado á UXT. Militante do PSOE.
Participou na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e tivo que fuxir a Francia e, despois, a Bélxica; volveu coa amnistía da Fronte Popular (FP) de febreiro de 1936.
Executado.
Durante a guerra civil foi un dos organizadores do 216º Batallón, 3ª Brigada Mixta, 1ª División do III Corpo de Exército de Asturias, do que chegou a ser comandante. Acada o grao de tenente coronel e nomeárono xefe da 2ª División e da División D.
Coa caída da Fronte Norte arrestárono os rebeldes cando tentaba a fuxida nun vapor.
Xulgado en consello de guerra en Xixón o día 15/01/1938, na causa 1268/38, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono os golpistas en Xixón.
Soterrárono nunha fosa común na capital xixonesa.
Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas no ano 1938.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.