← Volver atrás

Vega Olivera, Alfonso

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Madrid
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 07/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, funcionario e político, 29 anos. Casado con Teresa Llorente Barahona. Veciños de Sanxenxo (Pontevedra). No ano 1934 aprobou as oposicións ao Corpo Técnico de Correos e traballou como administrador de Correos en Sanxenxo.

No mes de xaneiro de 1936 elixírono vogal da directiva de Esquerda Republicana (ER) de Sanxenxo.

En abril de 1936 sufriu unha agresión por parte de Modesto Gómez Romay.

Executado.

Despois do golpe militar fascista detivérono os franquistas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 20/11/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 832/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Nesta mesma causa xulgaron a: José Carballa Senín, maquinista naval, José Lorenzo Señoráns, mariñeiro e Alfonso Vega Olivera, avogado e funcionario.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilárono os golpistas no quilómetro 1 da Avenida de Uruguai, en Monte Porreiro, Santa María de Mourente, Pontevedra (Pontevedra).

Morte rexistrada en Pontevedra por mor dun colapso cardíaco.

Nalgunhas fontes aparece como segundo apelido Oliveira.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha