Nacemento:
Morte:
Labrego, 21 anos (Luis Lamela, fala de que tiña 27 anos). Solteiro. Veciño de Betanzos (A Coruña). Caganopino semella que era realmente o alcume do seu pai. Fillo de Andrés Veiga Rey, procesado con el e condenado a 12 anos e un día de prisión. Polo seu acento porteño era coñecido por Chevó, pois cando xogaba ao fútbol adoitaba dicir “Che, vós!” para que lle pasaran a pelota.
Militante do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT.
Acusado do incendio da igrexa de San Francisco de Betanzos, con Tomás López Datorre, quen era alcalde de Betanzos no momento do golpe militar.
Fuxido. Executado.
Andou fuxido no monte co seu pai e sorprendéronos os falanxistas o día 11/04/1938 mentres durmían e ingresáronos na cadea de Betanzos; o día 29 leváronos á Coruña.
Xulgado en consello de guerra na Coruña con outra persoa polo delito de rebelión militar, na causa 344/38, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono os golpistas ás 06:30 h no Campo da Rata, nas inmediacións do polvoreira de Durmideiras, na Coruña.
Morte rexistrada por mor dunha hemorraxia causada por disparos de arma de fogo.
Soterrárono o día 18 de novembro nun nicho no cemiterio de San Amaro, na Coruña.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.