← Volver atrás

Veiga Mejuto, Agustín

Alcume: Cacharrón
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
- 05/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro e político, 36 anos. Veciño da rúa San Nicolás, 3 baixo, en Ferrol. Irmán do guerrilleiro Antonio Veiga Mejuto, Cacharrón.

Membro da Agrupación Socialista (AS) de Ferrol e da UXT.

Executado.

Prendérono os fascistas despois do alzamento sedicioso.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol, na causa 112/36, co resultado de sentenza de absolución.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol polo delito de adhesión á rebelión militar, na causa 257/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

O tribunal militar condenou á pena de morte a: Pedro Dobarro Regueira, Alejandro Julias Torres e Agustín Veiga Mejuto. Tamén procesaron a José Solleiro Pita.

Fusilárono os golpistas no Castelo de San Felipe, en Ferrol.

O día 5 de marzo asasinaron no Castelo de San Felipe a: José Abrodes Linares, fundidor; Ricardo Cana Lucena, garda municipal; Manuel Caridad Castro, militar retirado; Luis Cotter Mauriz; Pedro Dobarro Regueira, armador; Juan-Nicasio González Díaz, funcionario municipal; Alejandro Julias Torres, armador; José-Nicanor Silva Fernández, electricista, e Agustín Veiga Mejuto, xornaleiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha