Nacemento:
Morte:
Chofer e político, 35 anos. Veciño da Coruña. Emigrou a Cuba con 17 anos, onde participou na fundación do Partido Comunista Cubano e deportárono a España no ano 1936. Na Habana traballou de chofer.
Encarcerado.
Membro do Comité Rexional do PCE a finais do ano 1938, que dirixía Alberto Puente García.
Detido con outros membros deste comité pasou seis meses na cadea. Implicado na reorganización do comité comunista, a finais de 1940 elixírono secretario xeral.
Prendérono os rebeldes o 18/08/1942 despois da detención en Madrid de Heriberto Quiñones González e por mor da documentación que se lle incautou a este.
Xulgado nun consello de guerra en Madrid, no verán de 1943, condenárono á pena de morte.
Procesado con Alberto Puente García, José Camín del Río, Marino Granda Fernández, Marcelino Eirín Mayo e outros; as penas de morte ás que os condenaron fóronlles conmutadas por longas estadías no cárcere.
Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua.
Pasou 20 anos na Prisión Central de Burgos.
Cando saíu da cadea marchou a Francia e logo a Hungría.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.