← Volver atrás

Veiro Guisande, José

Alcume: o Veiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vilariño, San Pedro da Ramallosa, Nigrán
(Pontevedra)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Nigrán
- 01/01/1995 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e sindicalista, 29 anos. Casado con Saladina Vidal, tiveron unha filla (Eulalia) e un fillo. Veciños de Santiago de Parada, Nigrán.

Membro do Sindicato de Labregos.

Fuxido. Encarcerado.

Desaparece da súa casa desde o día do golpe militar. Ocultouse no monte e nas casas dos veciños e, tempo andado, nun burato na súa casa, debaixo dunha nogueira, onde pasou tres anos; só a muller sabía que estaba alí e leváballe a comida dicindo que era para o can.

Cando o descubriu a Garda Civil, foxe á carreira pero collérono. Sofre moitas malleiras nos cuarteis da Garda Civil de Vigo e de Baiona.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Vigo (Pontevedra) na causa 285/39 por actividades contra o Movimiento.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción co resultado de sentenza a seis anos de prisión menor.

Preso na Escollera do Arsenal de Ferrol e na Illa da Gomera.

Cando saíu da cadea volveu á súa terra e sería un veciño moi querido.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha