← Volver atrás

Velayos Valenciaga, Adolfo

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Procesado en Lugo en dúas causas miliares; unha por vinganzas en 1937, na que non o atoparon responsable, e outra en 1940 por un incidente entre xefes militares, tamén sen apreciarlle responsabilidade

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar. Veciño de Lugo. En 1936 era tenente coronel de Infantería e comandante da Caixa de Recrutas nº 51 de Lugo.

Golpista. Represor.

Cando se produce o golpe de Estado o coronel Alberto Caso Agüero era o xefe do Rexemento de Infantería Zaragoza nº 30 en Lugo, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica e tamén estaba ao mando de unidades da 8ª Brigada de Artillería; o día 20/07/1936 foi quen publicou o bando de guerra en Lugo e ordenou a detención das autoridades civís.

Pola súa actitude dubitativa no momento da sublevación, a Caso Agüero destituírono do seu posto o día 24/07/1936; fontes oficiais sinalaron que fora por enfermidade. Substituíuno o tenente coronel Adolfo Velayos Valenciaga.

A actuación de Velayos significouse por unha auténtica cadea de detencións e represións sobre persoas de ideoloxía republicana na cidade luguesa.

Procesado en Lugo en dúas causas miliares; unha por vinganzas en 1937, na que non o atoparon responsable, e outra en 1940 por un incidente entre xefes militares, tamén sen apreciarlle responsabilidade.

Pasou á reserva co grao de coronel.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha