Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 25 anos. Casado en Ferrol (A Coruña) coa tamén mestra Carmen Gómez Martínez; tiveron unha filla: Ana-María. Veciños de Magán, San Fiz de Estacas, Cuntis (Pontevedra). Emigrado en Bos Aires (República Arxentina), regresou para facer o servizo militar en Ferrol, onde tamén estuda Maxisterio. Mestre nacional de Magán desde xaneiro de 1935.
Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO). Militante de Esquerda Republicana (ER) na súa localidade, participou na campaña electoral de febreiro de 1936 da Fronte Popular (FP).
Depurado. Encarcerado. Exiliado.
Os franquistas abríronlle un expediente de depuración como mestre.
Despois do golpe de Estado detivérono nas Neves (Pontevedra) o día 22/08/1936 e ingresárono na Prisión Provincial de Pontevedra.
O día 21/10/1936 trasladárono á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Obrigárono a incorporarse ao exército golpista e combateu no Batallón Galego na fronte de Madrid.
Xulgado en Talavera de la Reina (Toledo) en consello de guerra, o día 27/11/1937, por unhas manifestacións en contra da sublevación militar co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Madrid pola de cadea perpetua e a inhabilitación absoluta.
O día 11/03/1938 ingrésano no penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde participou no intento de fuga masiva do día 22/05/1938, feito polo que o condenaron á pena de morte, logo conmutada pola de cadea perpetua.
O 06/01/1939 trasládano á Illa de San Simón e en marzo atopábase en Figueirido (Pontevedra); o día 20/09/1939 volveu para a Illa de San Simón.
Librouse de ser paseado despois de ingresar unha cantidade económica.
O día 10/02/1941 indultárono, deixou a cadea e establécese en Ferrol, onde abre un negocio de distribución e venda de froitas.
Perseguido pola policía española, pasa a Portugal en xuño de 1946. Sae de Lisboa para México no vapor Foz do Douro e chegou ao país americano o día 23/12/1946 e onde traballou de axente de laboratorio facendo visitas médicas; despois e xa coa súa familia montaron unha granxa de polos en Puebla (México). Formou parte da Alianza Nacional Galega (ANG).
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de actividades políticas, na causa 615/47, co resultado de sentenza a dous anos e un día de prisión.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.