← Volver atrás

Vilariño Santomé, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado. Exiliado

Nacemento:

Moaña
(Pontevedra)
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Caracas
(Venezuela)
- 01/01/2006 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 20 anos. Veciño de Moaña. Irmán de Cándido Vilariño Santomé, encarcerado; Antonio Vilariño Santomé, procesado, e Jesús Vilariño Santomé, fusilado.

Militante da CNT e membro de Fraternidad Marinera de Moaña.

Encarcerado. Sancionado. Exiliado.

Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Preso en Vigo, en Pontevedra e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Interno na Prisión Central de Burgos, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 214 do día 02/08/1941.

Despois de liberalo da cadea desterrárono ás Illas Canarias.

No ano 1949 foxe das Canarias na goleta Express con outros 60 represaliados. Chegaron as costas africanas de Senegal e, despois dunha dura travesía de 80 días, aportaron en Venezuela. Neste país ingresáronos no campo de concentración da illa Guasina (Delta Amacuro, Venezuela).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha