← Volver atrás

Villamarín Otero, María-Dolores

Alcume: Lola de Protasio
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

Santiago de Parada de Amoeiro, Amoeiro
(Ourense)
- 21/06/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barbadás
(Ourense)
- 11/06/1991 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 29 anos. Compañeira de Francisco Dopazo Rodríguez, Protasio.

Acusárona de ser militante do PCE.

Exiliada.

Despois do golpe militar agochou a Francisco detrás dunha parede na súa casa e, en xullo de 1937, consegue que uns amigos dela, barqueiros, axuden a Protasio a pasar a Portugal.

Detivérona os falanxistas o día 28/06/1937, aos oito días da fuxida do seu compañeiro. Mallaron nela e roubáronlle o que tiña. Cando posiblemente ían paseala, intervén a Garda Civil e envíana á prisión de Bande (Ourense).

Puxérona en liberdade o día 28/03/1938.

Francisco reclamouna desde Francia, país ao que chega de xeito clandestino no mes de xaneiro de 1948, pola fronteira de Irún, despois de pagar 3000 pesetas.

Francisco e María-Dolores casaron en Toulouse (Occitania, Francia) o día 05/10/1967.

No ano 1968 volveron a Santa Lucía de Rairo, Ourense (Ourense).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha