Nacemento:
Morte:
Chofer e político, 30 anos. Solteiro. Veciño de Bueu (Pontevedra). Era chofer dunha camioneta de transporte de mercancías. Irmán de Juan Villaverde Hermida, procesado.
Militante do PCE e vogal da secretaría de propaganda das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).
Detido en setembro de 1935 po orde da Sub-delegación Marítima de Marín (Pontevedra).
Executado. Sancionado.
Despois do alzamento golpista acusárano de transportar persoas a Pontevedra para acudir na defensa da legalidade e de participar na requisa de armas para facer fronte aos militares rebeldes.
En agosto de 1936 mobilizouno o exército sublevado e alistárono na 2ª Compañía do Batallón de Voluntarios de Pontevedra. O día 21/08/1936 arrestárono os facciosos despois dun permiso.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 17/11/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 970/36, co resultado de sentenza á pena de morte e multa de 25.000 pesetas en concepto de responsabilidades civís.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Fusilárono as forzas da Garda de Seguridade e Asalto franquistas ás 07:00 h na Caeira.
Morte rexistrada en Pontevedra por mor dun colapso cardíaco.
Para facer fronte á multa imposta embargáronlle os seus bens.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.