Nacemento:
Morte:
Profesor universitario, farmacéutico, médico e político, 54 anos. Casou en 1902 con Amelia Pintos Reyno; tiveron doce fillos, entre eles: Fernando-Esteban-Eusebio Virgós Pintos, procesado, e Tirso Virgós Pintos, colaboracionista. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña) desde mozo. Licenciado en Farmacia e en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Tamén estudou Maxisterio. Profesor auxiliar de Química Orgánica e agregado da cátedra de Química Inorgánica desde 1919 na Facultade de Farmacia da USC. Tivo tres farmacias en Santiago de Compostela.
Na parte traseira da súa botica reuníanse a miúdo os socialistas santiagueses.
Militante da Agrupación Socialista (AS) compostelá e presidente en xullo de 1931 da Federación de Entidades Socialistas Obreiras, Labregas e Mariñeiras da comarca de Santiago de Compostela.
Depurado. Exiliado. Sancionado.
Castigado coa separación definitiva do servizo despois do alzamento militar rebelde. Acusárono de pro-soviético, antimilitarista, socialista e esquerdista.
Despois de producirse o golpe militar agochouse ata que puido saír, en setembro de 1936, desde o porto de Vigo (Pontevedra) para a República Arxentina, país no que exerceu a medicina en Los Menucos, Patagonia; logo instalouse en Bos Aires.
Morte rexistrada en Bos Aires por mor dunha pneumonía.
Sofre a represión económica, despois de morto, por parte do Tribunal de Responsabilidades Políticas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.