← Volver atrás

Míguez Pazos, Olimpio-Marino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Redondela
(Pontevedra)
- 08/09/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Mauthausen (Campo de exterminio)
(Austria)
- 18/04/1943 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante, 26 anos. Solteiro. No ano 1932 traballaba e residía no barrio de Trintxerpe, Pasaia (Guipúscoa), onde rexentaba o bar Flor de Galicia co seu irmán xemelgo Ramón Míguez Pazos.

Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.

Uniuse ao exército republicano en Euskadi, con Ramón, para combater na guerra civil como “gudaris paisatarras”.

Ao remate da contenda pasou a Francia, onde vive cando comeza a II Guerra Mundial.

Os nazis alemáns prendérono no ano 1940 e ingresárono no campo de Estrasburgo stalag V-D (Gran Este, Francia). Trasladado e internado no campo de exterminio de Mauthausen (Austria) o día 13/12/1940. Morte rexistrada ás 06:30 h na enfermería do campo de Mauthausen a causa dunha ferida na axila.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha