← Volver atrás

Moraleda Pena, Eduardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 06/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Fronte rusa
- 01/09/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, 23 anos. Veciño da Coruña. Garda de asalto en prácticas.

Encarcerado. Morte en enfrontamento.

Cando se produce a revolta militar, estando en prácticas, destacárono á rúa Real, a altura do Cine París, e participou na defensa do Goberno Civil da Coruña ata o día 20/07/1936.

Despois mantívoso en agochos e, os sublevados, chamárono a filas. Estivo nas frontes de guerra; nunha ocasión regresou á súa casa ferido e noutra enfermo. Nesta segunda vez prendérono e acusárono de participar na defensa do Goberno Civil; declarárono prófugo, procesárono e xulgárono no Cuartel de Infantería da Coruña. "En la ciudad de La Coruña no faltaron quienes olvidando sus deberes para con la patria que les vió nacer, prestaron a la criminal intentona marxista una colaboración y ayuda... Eduardo manejó un fusil ametrallador...". Unha sentenza do día 26/01/1937 condenouno a cadea perpetua e internárono no Castelo de Santo Antón, na Coruña, onde pasa toda a guerra. Co tempo pasou á Prisión Provincial da Coruña.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

En xuño de 1940 puxérono en "prisión atenuada domiciliaria". Cada vez que o ditador se achegaba pola Coruña prendíano e encarcerábano. Para evitar tal represión alistouse no Terzo en 1940.

Destinárono ao 62º Batallón da 22ª Compañía en Dar Riffien, Tetuán. Os mando militares decidiron o envío da súa unidade como "voluntaria" para combater en Rusía coa División Azul. Desapareceu na fronte o día 01/09/1942.

Certas fontes recollen que estas persoas, de xeito voluntario, marcharon a combater aos comunistas. Eduardo, como moitos outros, carecía desa motivación; só fuxía da represión franquista e todo se volveu na súa contra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha