← Volver atrás

Conde Blanco, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

Camariñas
(A Coruña)
- 14/09/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ixelles, Bruselas
(Bélxica)
- 08/04/1978 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 23 anos. Veciño de Camariñas. Compañeiro de Ana Fernández.

Anarquista militante das Xuventudes Libertarias (XXLL) e da CNT. No ano 1936 era o tesoureiro da Federación Local da CNT na súa localidade.

Exiliado.

Despois do golpe de Estado mobilizárono os sublevados no ano 1937; pasouse ás liñas republicanas na fronte de Belchite (Zaragoza) e loitou na Infantería de Mariña da República ata o remate da guerra civil.

Á conclusión da guerra pasou a Alxeria e, co tempo, incorporárono á 3ª Compañía de Traballadores Estranxeiros no Sahara. Tentou evadirse por tres veces e, cando o logrou, pasou a residir en Casablanca (Marrocos). No ano 1964 trasladouse cara Bélxica.

Finou en Ixelles por mor de problemas cardíacos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha