← Volver atrás

Vázquez de Parga Jorge, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

Salamanca
(Salamanca)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
(Ourense)
- 01/01/1983 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, 33 anos. Veciño de Ourense. Médico oftalmólogo no Hospital Provincial de Ourense.

Militante do Partido Radical (PR); presidente no ano 1936 de Unión Republicana (UR) co que apoiou á Fronte Popular (FP). En xuño de 1936 era tesoureiro do Colexio de Médicos na cidade de Ourense.

Depurado. Encarcerado.

Despois do golpe rebelde destituírono como médico o día 22/08/1936.

Prendérono os franquistas o 27/10/1937 e internárono na Prisión Provincial de Ourense e no Mosteiro de Oseira ata o día 19/02/1938.

Logo da súa destitución xa non volveu a exercer na sanidade pública e traballou como médico libre.

No ano 1941 abríronlle un expediente no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña, responsabilidades das que o declararon exento no ano 1944.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha