← Volver atrás

Requejo Cambeses, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Médico, 32 anos. Veciño de Vigo. Médico tocólogo municipal en Vigo.

Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e, co tempo, do Partido Radical (PR).

A finais do ano 1931 pertencía á loxa masónica Vicus nº 8, que deixou ao pouco tempo.

Sancionado.

Semella que nos primeiros momentos era afecto á sublevación. Prendérono os franquistas e deixárono en liberdade o mesmo día.

Expedientárono no Colexio de Médicos sen repercusións.

En xullo de 1942 abríronlle un expediente no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo e suspendérono de xeito provisorio mentres durou o proceso.

No mes de novembro de 1942 sancionárono, inhabilitárono e causou baixa como médico de Atención Pública Domiciliaria (APD) en marzo de 1943. Indultárono en 1948.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha