← Volver atrás

Martínez Alonso, Eduardo

Alcume: Lalo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 23/05/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
(Madrid)
- 09/05/1972 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, 33 anos. Casado. Veciño de Madrid. Pertencía á familia de conserveiros donos de Palacio de Oriente. No ano 1912 emigrou coa familia a Glasgow (Escocia) e, co tempo, a Liverpool (Inglaterra), onde o seu pai desenvolveuse como cónsul do Uruguai. Estudou Medicina en Liverpool. Exerceu a medicina no Hospital da Cruz Roja en Madrid.

Protector. Exiliado.

No decurso da guerra civil traballo como médico de campaña da Cruz Roja no exército republicano.

Ao remate da contenda española foi médico nas embaixadas de Inglaterra e dos Estados Unidos en Madrid. No ano 1939 os servizos secretos británicos (MI6) nomeárono axente de enlace en España. Entre 1939 e 1942 integrouse nos servizos secretos que procuraron a saída de España dunhas 300.000 persoas que perseguían os nazis. Semella que, polo menos, unhas 30.000 persoas empregaron as rutas de escape que tiñan orixe en Galicia.

O doutor Martínez acudía, entre outros, á cadea de Miranda de Ebro (Burgos), onde internaran a moitos fuxidos xudeos de orixe polaca, belga, checa, húngara... En moitos casos asinou certificados médicos falsos para procurar a excarcelación destes presos.

Encargouse tamén da organización das rutas de evacuación en Galicia. En Vigo tiña casas de acollida para escapados (incluso no seu piso vigués e nunha casa de verán de Redondela); as evacuacións producíanse desde o porto de Vigo por medio de barcas de pesca que achegaban a estas persoas ata barcos británicos e desde Tui, onde coa axuda moitas veces de contrabandistas, pasaban a esta xente cara Portugal (a Ruta de Valença do Miño).

Perseguido pola Gestapo en Madrid, exiliouse en Londres no ano 1942; na capital londinense segue a colaborar cos servizos secretos. No ano 1946 volveu a Madrid, onde traballou para a Cruz Roja ata o seu pasamento.

No ano 2010 o goberno de Israel recoñeceuno como "Justo entre las Naciones".

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha