← Volver atrás

Villares Santiago, Marcelino

Perfil histórico: Guerrilleiro

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Montevideo
(Uruguai)
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Chófer e político, 22 anos. Solteiro. No ano 1936 residía en San Martiño de Cruzul, Becerreá (Lugo).

Militante do PCE.

Encarcerado.

Combateu na guerra civil e, en maio de 1937, ingresou no Instituto de Carabineiros.

Prendérono as tropas franquistas e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 21/06/1939. O 09/07/1940 trasladárono á Prisión Provincial de Madrid a disposición do auditor de guerra da 1ª Rexión Militar.

Xulgado en consello de guerra, na causa 770/39, co resultado de sentenza á pena de seis anos de cadea.

Sae da Prisión Provincial de Madrid en xullo de 1943 en liberdade provisoria, que se publicou no BOE nº 235 do 23/08/1943.

No ano 1944 organiza o Comité Cormarcal do PCE en Becerreá. Mantivo contactos cos fuxidos da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) e semella que foi a Marcelino a quen lle atoparon unha listaxe coa localización destes guerrilleiros.

Arestárono outra vez por actividades extremistas e ingresárno de novo na Prisión Provincial de Lugo o 13/02/1946; o 26/03/1946 conducírono á Prisión Provincial da Coruña.

Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial da Coruña o día 17/07/1946 polo delito de rebelión militar, na causa 75/46, co resultado de sentenza a 25 anos de prisión segundo resolución do 10/08/1946. Nesta causa procesaron a 64 persoas.

Neste proceso xulgaron, entre outras moitas persoas, a: Enriqueta Otero Blanco, Julio Nieto López, Ramón Vivero Geada e José-María Urquiola Iglesias.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha