← Volver atrás

Pinto Farrán, Eliseo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Hérmedes de Cerrato
(Palencia)
- 01/04/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa Mariña de Beira, Carral
(A Coruña)
- 18/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 47 anos. Casou en Palencia, no ano 1917, coa tamén mestra de orixe cubano Concepción Salcedo Vega, depurada; tiveron catro fillos e tres fillas: César, Luis-Esteban, Fernando, María-Rosa, Amalia, Enrique e Concepción. Veciños de Santa Cristina de Nemenzo, Santiago de Compostela (A Coruña). No ano 1915 xa exercía o maxisterio. Sendo mestre en La Coronada (Badaxoz) e logo da morte de dous dos seus fillos, solicitou unha permuta para Nemenzo no ano 1925; Nemenzo pertencía por entón ao concello de Enfesta, hoxe Santiago de Compostela.

Secretario do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) en Enfesta. Dirixente da Sociedade de Labregos de Enfesta. Militante da Asociación de Traballadores da Ensinanza. Participou nas Misións Pedagóxicas. No ano 1936 pertencía a Esquerda Republicana (ER).

A finais de 1934 prendérono pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro dese mesmo ano.

Paseado. Depurado.

O cura da súa parroquia acusouno de antiespañol e de antirrelixioso. Na noite do 18 de agosto uns falanxista de Ordes (A Coruña) secuestrárono no seu domicilio e asasinárono na canteira das Catalinas, nas curvas de Herves, Carral.

Semella que o soterraron nunha fosa común no cemiterio de Santa Mariña de Beira con outras 17 persoas.

A Comisión Provincial de Depuración do Maxisterio da Coruña ábrelle expediente e reclama a súa personación en xuño de 1937; xa o asasinaran facía case que un ano.  Depurárono como mestre e inhabilitárono por dous anos. En abril de 1941 separárono de xeito definitivo co seu posto de traballo e dérono de baixa na escaala de mestres.

En 1940 xulgárono por responsabilidades políticas e condenárono cunha multa de 150 pesetas. Indultárono en xullo de 1960.

Nalgunhas fontes aparece co segundo apelido Ferrán.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha