Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 24 anos. Solteiro. Veciño de Caniego. Os seus irmáns Antonio, José, Santiago, Plácido e Julio tamén sufriron as represalias dos franquistas.
Encarcerado.
Cabo da 1ª Compañía do 124º Batallón do exército republicano no decurso da Guerra Civil Española. Prendérono os rebeldes.
Xulgado en consello de guerra polo delito de auxilio á rebelión e condenado a 20 anos de reclusión segundo resolución do 01/04/1938.
Os franquistas internárono na Prisión de Partido de Balmaseda (Biscaia) o 29/08/1937. Pasou pola Prisión Provincial de Larrinaga (Biscaia); pola Prisión Flotante do Upo-Mendi; Penal de Santa María (Cádiz), na que estaba en xullo de 1938. Conducírono nese ano 1938 á Prisión Central de Celanova (Ourense) e trasladárono á Prisión Provincial de Lugo o día 20/11/1939.
Desde a cadea de Lugo deixárono en prisión atenuada o 01/06/1941. Publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 161 do 10/06/1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.