← Volver atrás

Calvo López, Emilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vega de Brañas, San Martiño de Zanfoga, Pedrafita do Cebreiro
(Lugo)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 37 anos. Solteiro. Veciño de Vega de Brañas.

Fuxido. Encarcerado.

Os franquistas cualificárono como "de malos antecedentes, pendenciero, camorrista y poseído de instintos de matón".

Estando en fuga, mantivo un enfrontamento coas forzas represoras franquistas, loita na que finou un cabo das unidades que pretendían a súa captura. Prendérono.

Internárono na Prisión de Partido de Monforte de Lemos (Lugo) de mans da Garda Civil e trasladárono á Prisión Provincial de Lugo o día 20/08/1940.

Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial nº 4 de Lugo, na causa 479/40 e na causa 54/41, polos delitos de fuxida e asasinato co resultado de sentenza a 12 anos e un día de cadea.

Conducírono de Lugo a Prisión Provincial de León o 02/02/1943 para poñelo a diposición do Xulgado Militar nº 2.

Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial nº 4 de León na causa 877/42.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha