← Volver atrás

Calvo Quijano, Eugenio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Villalbeto de la Peña, Santibáñez de la Peña
(Palencia)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Albanel, 33 anos. Casou con María González Nieto; tiveron tres fillos. Veciños de Guardo (Palencia).

Encarcerado.

Prendérono os franquistas e internárono na Prisión Provincial de Palencia o 19/08/1936.

Xulgado en consello de guerra no Xulgado Militar nº 10 de Palencia polo delito de rebelión militar, na causa 407/36 e na causa 559/36, co resultado de sentenza a 20 anos de reclusión segundo resolución definitiva do 30/10/1936.

O día 19/11/1939 a Garda Civil conduciuno á Prisión Provincial de Lugo. O 13/07/1941 desprazárono á Prisión de Santa Rita, en Madrid, para facer traballos de redención de penas nas obras da nova prisión; logo volveu á cadea de Lugo.

Trasladárono de Lugo á Prisión Provincial de Pontevedra o 24/03/1942 coa mesma rutina, traballar nas obras da nova prisión para redimir pena.

Pena ordinaria conmutada pola Comisión Provincial de Exame de Penas de Palencia.

Procesárono no ano 1941 en Valladolid por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1946.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha