Nacemento:
Morte:
Comerciante e granxeiro, 36 anos. Veciño de Vega de Valcarce. Tiña unha granxa agrícola e gandeira. Traballou como comerciante por conta propia.
Membro da UXT desde o ano 1929 e da Agrupación Socialista (AS) de Vega de Valcarce desde 1931. Alcalde da súa localidade pola Fronte Popular (FP) en 1936.
Fuxido. Exiliado.
Despois do golpe de Estado mantívose agochada ata o 24/12/1936, data na que consegue pasar a Portugal. Desde o país veciñoa pasou en baco a Francia e, desde alí, á zona republicana de Cataluña, onde traballou en transportes.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 542/37, co resultado de declaración en rebeldía.
Ao remate da guerra civil cruzou a fronteira cara Francia o día 06/02/1939, internárono no campo de concentración de Argelès-sur-Mer e, en xaneiro de 1940 destinárono á 198ª Compañía de Traballadores Estranxeiros.
O día 15/06/1940 embarcou desde Francia no Cuba cara a República Dominicana; a pesares dos acordos coas autoridades republicanas españolas, o presidente Leónidas Trujillo non lles permitiu o desembarco e o Cuba dirixiuse á illa Martinica. Embarcaron no Santo Domingo desde a dita illa e chegaron a Coatzacoalcos, Veracruz (México) o 26/07/1940.
Xulgado no Tribunal de Responsabilidades Políticas de Valladolid, o 22/10/1941, co resultado dunha sanción en rebeldía de 20.000 pesetas e inhabilitación especial para cargos públicos, sindicais e políticos por oito anos.
Regresou a España a finais dos anos oitenta e finou en León en 1990.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.