Nacemento:
Morte:
Tiña 47 anos. Casou con Celsa Fernández; tiveron un fillo: Francisco. Veciños da Barrela. No ano 1904 emigrou a Cuna, onde fixo fortuna. Regresou a Galicia e convertiuse nun filántropo das obras públicas, entre moitas da escola de Lousada.
Apoiou as actividades e publicacións do Seminario de Estudos Galegos (SEG).
Membro do Partido Galeguista (PG), participou nas campañas de propaganda a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG). Fundou o Sindicato Agrario de Carballedo para o que levantou cos seus propios medios a casa de reunións. Compromisario para a elección do presidente da República en abril de 1936, cometido ao que renunciou cando o PG entrou na coalición da Fronte Popular (FP).
Exiliado.
No mes de outubro de 1936 buscou quen o levase co seu fillo Paquito a Portugal, delatáronos e decide sair por Zamora e Salamanca cara Cataluña. Pasou a Francia, onde embarcou no Normandie para Nova York, camiño de Cuba. Ao chófer que os ía conducir a Portugal, co tempo, asasinárono.
Ao pouco de chegar a Cuba enfermou, finou en outubro de 1937 e soterrárono no Cemiterio de Colón, na Habana.
En España abríronlle un expediente por responsabilidades políticas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.