← Volver atrás

Abad Martínez, Ramona

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionada

Nacemento:

Santo André de Barrantes, Ribadumia
(Pontevedra)

Morte:

A Estrada
(Pontevedra)
- 11/02/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casou na República Arxentina co carniceiro e político Manuel Coto Chan; tiveron un fillo e unha filla: Gerardo e Lola. Veciños da Estrada (Pontevedra). Emigrou á República Arxentina, de onde regresou coa súa familia no ano 1926 e instaláronse na Estrada, onde abriron unha carnicería.

O seu home militou no Partido Republicano Radical Socialista (PRRS), foi presidente do Comité Local da Estrada en agosto de 1931; despois pasouse ao PSOE.

A Manuel detivérono durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, acusado con outros, de cortar os fíos da telefonía e da telegrafía. Condenárono a un ano, oito meses e un día de cadea e, despois do triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936, indultárono.

En marzo de 1936 a Coto Chan nomeárono deputado provincial, cargo do que dimitiu de inmediato, o día 26/03/1936; tamén sería concelleiro da Estrada e 2º tenente alcalde desde o día 05/05/1936.

Sancionada.

Cando se produce o golpe de Estado ao seu home nomeárono delegado de Orde Pública ata o día 22/07/1936, data na que os republicanos se disolven de xeito pacífico.

Despois Manuel agochouse pero detivérono e encarcerárono; indultárono en outubro de 1945.

Os fascistas expropiáronlles os seus bens e negocios familiares.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha