← Volver atrás

Abal Padín, Segundo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado. Paseado

Nacemento:

San Martiño de Padrenda, Meaño
(Pontevedra)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 13/05/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 23 anos. Casado; tiñan dúas fillas. Veciños de Castro de Agudín, San Pedro de Cea, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), onde Segundo exercía de mestre nacional desde outubro de 1934.

Militante da UXT, membro da Federación de Traballadores da Ensinanza (FETE-UXT) e da Agrupación Socialista (AS) de Vilagarcía de Arousa. Interviu nos mitins da Fronte Popular (FP) na campaña das elección de febreiro de 1936.

Encarcerado. Depurado. Paseado.

Despois do pronunciamento dos militares rebeldes separárono do servizo e detivérono o día 01/08/1936.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo en setembro de 1936.

Ingresado na Escola Normal de Pontevedra (habilitada como prisión) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 09/02/1938 polo delito de rebelión militar, na causa 1394/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Acusárono de ser socialista e da FETE-UXT, de non ser católico e de arengar á xente contra dos militares rebeldes.

Executado en Pontevedra ás 17:30 h no quilómetro 1 da Avenida de Uruguai.

Morte rexistrada en Pontevedra a causa de síncope cardíaco.

En abril de 1940 abríuselle un expediente por responsabilidades políticas na Coruña e indultárono no ano 1941 e no ano 1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha