Nacemento:
Morte:
Mestre e político, 27 anos. Solteiro. Na II República, en 1933, destinárono como mestre interino de San Mamede de Vilachá, A Pobra de Brollón (Lugo), de onde era veciño en 1936. Tamén impartiu clases polas noites para os adultos.
No ano 1928 colaborou na creación dunha sociedade instrutivo-recreativa en San Salvador de Sobrada, Tomiño. Agrarista.
Paseado. Depurado.
Despois do golpe militar detivérono polas denuncias dun mestre falanxista, quen logo ocuparía a súa praza e que estaba namorado da moza de Juan Abramo.
Retivérono no colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos (Lugo) de onde o sacaron para darlle o paseo.
Morte rexistrada nas primeiras horas do día no quilómetro 52 da estrada de Quiroga-A Pobra do Brollón, en Abrence, a causa dun disparo de arma de fogo con destrución da masa encefálica.
Ao seu carón había outras dúas vítimas, Odilo Rodríguez e un descoñecido.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Abrence.
Despois do seu asasinato destituírono como mestre a primeiros de setembro de 1936.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.