← Volver atrás

Agulló Barral, Josefa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada. Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mestra, 34 anos. Casou no ano 1928 co mestre e político Manuel Guillán Abalo. Veciños de Santo Adrao de Moneixas, Lalín (Pontevedra). Cuñada de Gonzalo-José Guillán Abalo e Pascual Guillán Abalo, os dous pasaron pola cadea. Mestra de San Martiño de Xustáns, Castro Caldelas (Pontevedra). Tivo un incidente co inspector de Educación José Gabaldón Navarro, quen quixo abusar dela e Guillán Abalo rematou por agredir ao dito inspector por estes feitos.

Depurada. Vítima colateral.

Os golpistas depurárona como mestra nacional.

O seu home era masón da loxa masónica Helenes nº 7 e militante do Partido Galeguista (PG), actuando de apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936; cando se produce o golpe de Estado a Manuel detivérono, encarcerárono e paseárono o día 09/10/1936 na Estrada (Pontevedra).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha