← Volver atrás

Alba Lamas, Emilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 19/12/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 14/12/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, 49 anos. Casou con Dolores Salazar Ramos (+1913); tiveron dous fillos. En xaneiro de 1922 casou en Lugo con Fe Ledo Barja; tiveron outros catro fillos. Estudou na Escola Superior de Comercio da Coruña. Veciños da rúa Galán, 12-2º, na Coruña. Xefe de negociado de 3ª clase na Secretaría do Concello da Coruña, oficial a cargo da sección de Facenda.

No ano 1936 foi vicepresidente da Asociación Profesional de Empregados Municipais. Fundador do Real Club Deportivo. Socio do Casino Republicano coruñés.

Pertenceu a unha loxa masónica.

En xuño de 1931 formaba parte do Comité do Partido Agrario Radical Galego (PARG), do que chegou a ser presidente. Militante despois de Unión Republicana (UR) na Coruña.

Depurado. Encarcerado.

Os franquistas depurárono como funcionario municipal e impuxéronlle unha multa de 1000 pesetas en outubro de 1936.

Ingresárono na cadea o día 21/07/1937 e o 10/04/1940 puxérono en liberdade.

Finou por mor dun edema pulmonar.

Procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo; a sentenza recaeu logo do seu pasamento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha