← Volver atrás

Alejandre Ramos, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vilaxoán, San Martiño de Fóra de Sobrán, Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 30/04/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Xirona
- 01/01/2017 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado e político, 21 anos. Veciño de Vilaxoán. Traballador da Fábrica Gil.

Militante da CNT.

Fuxido. Encarcerado.

En xullo de 1936 e despois do triunfo dos sublevados botouse ao monte para evitar que o executaran, logo de participar na resistencia aos golpistas. Permaneceu no monte de András con outros 12 homes. Grupos semellantes andaban por Lobeira, Xiabre e os arredores de Vilagarcía de Arousa.

Participou na detención de dous falanxistas.

A comezos de agosto de 1936 a Garda Civil e os falanxistas deron unha gran batida na zona, matando a catro fuxidos. Os demais espalláronse e Antonio entregouse.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 11/12/1936. O fiscal pide cadea perpetua e condenárono a 20 anos de prisión.

Neste proceso xulgaron a: Antonio Alejandre Ramos, Vicente Montenegro Noriega e Francisco Muñiz Jueguen.

Preso en Vilagarcía de Arousa, Cambados, Pontevedra e, por último, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), onde permaneceu catro anos. Foi o último preso deste lazareto.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha