Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 33 anos. Veciño de San Xoán de Panxón, Nigrán.
Membro do Sindicato de Mariñeiros de Panxón, da CNT.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
No verán de 1937 era membro da Agrupación Confederal Galaica no Principado de Asturias. Despois da caída da Fronte Norte integrouse na guerrilla antifranquista.
Participou nunha partida de fuxidos da que tamén formaban parte os ácratas Víctor Romero Pazó, Zorrilla, e José Fernández Álvarez, Severo.
O día 27/03/1939 asaltaron cinco domicilios no Lameiro, San Pedro de Sárdoma, en Vigo, e o seguinte día 30/03/1939 outros tres domicilios en Salgueira, tamén en Sárdoma.
Na data do 04/04/1939, nun enfrontamento coa Garda Civil preto de Vigo, morreron Severo e Berzas. Os cadáveres apareceron en Moledo, Sárdoma.
Morte rexistrada en Vigo a causa dunha hemorraxia interna.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.