← Volver atrás

Alonso Rivas, Avelino

Alcume: Avelino dos de Gaitas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Devesa, Santa María de Tomonde, Cerdedo-Cotobade
(Pontevedra)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Funcionario, 35 anos. Veciño de San Lourenzo de Sabucedo, A Estrada (Pontevedra). En abril de 1928 destinárono como garda municipal ao entón concello de Santa Cristina de Lavadores, en Vigo (Pontevedra).

Militante do PSOE.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe militar participou na resistencia en Lavadores.

Andou en fuga, xulgárono o día 27/07/1936 e declarárono fuxido e en rebeldía.

Permaneceu fuxido case que dous anos no monte e en Laxoso, San Tomé de Quireza, Cerdedo-Cotobade, ata que o denunciou un falanxista e prendérono os gardas civís e os falanxistas en decembro de 1938.

Torturárono no cuartel de Cerdedo.

Xulgado en consello de guerra en Vigo, o día 21/01/1939, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de cadea.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra.

Pasou polas cadeas de Vigo e pola Prisión Provincial de Pontevedra, da que saíu en liberdade condicional o 08/11/1941; no ano 1945 seguía en liberdade vixiada.

Ao saír do cárcere tiña graves secuelas psicolóxicas.

Procesado polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultado en 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha