← Volver atrás

Alonso San Román, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Puebla de Sanabria
(Zamora)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Practicante, 33 anos. Casado con Francisca Novo; tiñan catro fillos. Veciños de Santa María da Cabeza da Vilavella, A Mezquita (Ourense).

Militante da CNT e simpatizante das esquerdas.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe de Estado fuxiu aos montes de Barxacoba, Parada de Sil (Ourense) e á serra de Pías-Porto (Zamora). Prendérono os rebeldes no ano 1938 cando se presentou na Sanidade Militar para que o mobilizaran.

Xulgado en consello de guerra en Zamora, en marzo de 1940, polo delito de adhesión á rebelión co resultado de sentenza a nove anos de cadea.

Os falanxistas da Mezquita acusárono de marxista, comunista e de ser da Fronte Popular (FP); tamén o vencellaron coa Sociedade Obreira do Ferrocarril.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e castigárono a unha multa de 150 pesetas. Indultárono no ano 1959.

Despois de saír da cadea prestou asistencia médica a fuxidos da zona do Ribeiro, no entorno da "raia", nas Frieiras (A Mezquita, A Gudiña) e As Portelas (Zamora).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha